A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
2009-08-25 16:37:33
A información que temos está errada. Dime Pepe do Queitano que esta é unha "selección" de Ferreiravella (con varios reforzos de Espasande de Baixo), que xogou nas festas de Aldurfe contra o equipo local. A aliñación é, de esquerda a dereita, de pé: Raimundo, o Cordobés, Fontes, Ernesto, Pepe da Neira e Manolo de Viñavella. Agachados: Gervasio do Páxaro, Pepe do Queitano, Xusto do Baralleiro, Cándido (Chavita) e Toño do Louro. Parece ser que unha das casas que se ven ao fondo é a de Helio de Perico; nese campo era onde se celebraban habitualmente os partidos en Aldurfe
2009-08-26 07:30:37
efectivamente pola paisaxe non pode ser Espasande de BAixo
Esta é unha "selección" de Ferreiravella (con varios reforzos de Espasande de Baixo), que xogou nas festas de Aldurfe contra o equipo local. A aliñación é, de esquerda a dereita, de pé: Raimundo, o Cordobés, Fontes, Ernesto, Pepe da Neira e Manolo de Viñavella. Agachados: Gervasio do Páxaro, Pepe do Queitano, Xusto do Baralleiro, Cándido (Chavita) e Toño do Louro. Unha das casas que se ven ao fondo é a de Helio de Perico; neste campo era onde se celebraban habitualmente os partidos en Aldurfe
Aldurfe, década de 1960
Etiquetas: Fútbol
Arquivo: Casa de Viñavella