A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
2010-01-10 23:42:46
Que recordos... Pena que a metade deles xa non este. Teño algunha foto de cando bailabamos, fareivola chegar... Un saudo
2010-04-04 03:20:48
Recordo cando lle din o relevo a meu pai por irma para Suiza, Teño vivido moi vos momentos con Eugenio, Daniel e Arcadio, este moito se metia conmigo cando habia picaras nas festas, e tamen Rubén o fillo de D. Domingo viña con nos, cantos kilometros. Daba algo por volver a vivir aqueles tempos unha vez mais. O traxe de meu pai era o meu, valla tipiño tiñamos. Un abrazo para tods, esteis donde esteis, un anaco de vos sempre estará no meu recordo........
Arcadio, Sé do Porteiro, Eugenio e Daniel de Baltasar foron "os gaiteiros" de Riotorto no último tercio do século. Na imaxe aparecen posando durante a celebración da feira da Augaxosa. Nos anos oitenta acompañaban ó grupo de baile tradicional Xiquirindaina, promovido pola Sociedade Deportiva e Cultural. Esta asociación tivo un dinamismo importante no eido da cultura en Riotorto, con iniciativas tan destacadas como a creación da Xiquirindaina.
A Augaxosa, década de 1980
Etiquetas: Feira da Augaxosa, Gaiteiro
Arquivo: Julia do Porteiro