Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Homenaxe á Pucheira

A popularidade da Pucheira á fronte da súa taberna das Rodrigas, onde despachaba os ricos "canastrillos" traídos de Mondoñedo, fixo que o 10 de Xullo do 1970, e coincidindo coa celebración do San Cristovo, o pobo de Riotorto lle rendise unha homenaxe polo seu labor como “mandadeira”, polos pucheiros de mel que lles levaba aos estudiantes, polas cartas que entregaba aos curas, comida e tabaco e demais favores que cumpríu aos riotortenses.
Nesa homenaxe, o alcalde de Riotorto, daquela, Don Wenceslao Besteiro Forneas, fíxolle entrega dunha cadea e unha medalla de ouro, un pucheiro e unha bandexa de prata e da Medalla ao Mérito no Traballo. Dous anos despois deixou de sorrir logo de pasar por unha enfermidade, morreu nova, só tiña 74 anos.

As Rodrigas, 1970

Etiquetas: A Pucheira, Taberna

Arquivo: Casa do Veterinario