Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Inauguración da escola de Espasande de Baixo Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Inauguración da escola de Espasande de Baixo

Inicialmente era un edificio de planta baixa, de forma rectangular, construído en cachotaría e con cuberta de lousa de dúas augas. Na fachada principal destacaban como únicos elementos dinamizadores os linteis curvos das fiestras e a porta de acceso a unha única aula de carácter mixto. Na actualidade o edificio está moi cambiado, pois ao longo dos anos engadíuselle un andar, que era usado como vivenda do mestre/a, e un baixocuberta; a planta baixa pasou a ter dúas aulas, unha para nenos e outra para nenas. Nos anos 60, despois da edificación dunha nova escola, para nenos, preto da capela, converteuse nunha escola de nenas.
A escola antiga foi construída por iniciativa dun grupo de veciños da parroquia, ante a oposición dos veciños de Santa Marta de Meilán, que non querían que os nenos de Espasande asistisen á súa escola. En 1928, unha comisión de veciños da parroquia de Espasande manda unha carta á sociedade Emigrados de Riotorto na Habana, co obxecto de pedirlles axuda para a construción dun colexio na súa aldea, pois o Ministerio de Instrucción Pública só lles ofrecía un mestre e o material escolar. A sociedade habaneira fixo varias remesas económicas dende 1928 ata 1931, ano da súa inauguración, cun importe total de 1100 pesos cubanos.

Espasande de Baixo, 1931

Etiquetas: Emigración

Arquivo: Arquivo da Emigración Galega