
O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
En primeiro plano Herminia, a muller de Manolo de Nuca; detrás Ramón e Pilar de Benitín, María, a viúva de Borrajo, e o neno Pedro de Borrajo
As Forxas, O Caboxo (Riotorto), 1950
Arquivo: Iván do Ferreiro