Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Lavadoiros no Alxibre

Os lavadoiros construíanse á beira do río ou dun rego e usaban a auga que discorre naturalmente por eles. Dispuñan dunhas ramplas de pedra, que permitían ás mulleres, axeonlladas e cunha tina de cinc ó lado, fregar e mergullar a roupa na auga. Neles lavábase a roupa de toda a familia e representaban tamén un lugar de encontro e reunión. Na imaxe aparece un lavadoiro no Alxibre, e ó seu carón Angélica, Mercedes e Toñito do Rego

O Alxibre (Riotorto), década de 1960

Arquivo: Toño do Rego