Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Leite Río (I) Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Leite Río (I)

A finais dos anos sesenta Toño do Sepe, na compaña de Mario de Escairón e Sotelo de Monforte, monta a Leitería do Chao da Veiga. Toño coñecéraos xa que daquela dedicábase a instalar traídas de auga por concellos do sur de Lugo. No momento de pórlle nome á empresa lembrouse do seu pai, Jesús Bouso del Río, e na súa honra chamoulle Leite Río. Iniciaron a actividade nos baixos do que hoxe é a casa de Toño, recollendo leite non só en Riotorto senón por outros concellos, principalmente Trabada, Lourenzá, Ribadeo, Taramundi e A Veiga

A Veiga (Riotorto), 1968

Etiquetas: Leite Río

Arquivo: Toño do Sepe