Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Luis Pérez González "Fontes" Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Luis Pérez González "Fontes"

Información aparecida na revista "Vida Gallega", editada en Bos Aires nos anos 20 e 30, relativa á homenaxe que a sociedade "Hijos del ayuntamiento de Riotorto" rendeu a Luis Pérez González "Fontes", quen foi alcalde de Riotorto entre os anos 1868 e 1875. Fontes promoveu a construción da actual Casa do Concello, onde se ubicaron as escolas públicas de nenos e nenas, ademais do xulgado e o cárcere.

O alcalde Fontes dirixiu o concello nuns anos moi convulsos: comezou o seu mandato coa revolución de 1868 e rematou coa proclamación da I República e a restauración borbónica con Alfonso XII. O seu caracter liberal e demócrata levouno a enfrontarse ós carlistas, nas revoltas que se produciron no marco da III Guerra Carlista. Todo isto ocasionoulle inimizades polas que tivo que dar conta de certos asuntos diante da xustiza.

A sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Riotorto" promoveu a elaboración do busto de bronce que na súa honra aínda hoxe preside a casa do concello.

Bos Aires (Arxentina), 1925

Etiquetas: Alcalde, Política, Emigración

Arquivo: Asociación Cultural Arrincadeira