Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Malla na aira do Roxo

Día da malla en Val, na aira da casa do Roxo, hoxe chamada casa do Ferrador. Aparecen na imaxe Encarnación de Basillo, a nena Mari Carmen de Loriano e detrás Albina do Roxo; de pé José do Abelleiro e sentados enriba da máquina José Antonio do Roxo, Pepe de García e á súa esquerda José do Roxo

Val (Riotorto), década de 1960

Etiquetas: Malla

Arquivo: Casa de Teodoro de Chacín

Fotógrafo: Teodoro