Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Malla no Curral

Malla no Curral na casa de Jesús e Manuela. Jesús era un dos zoqueiros que había naqueles anos en Riotorto. Aparecen na ringleira de riba: Suso de Abadín, Xique de Rigueiro e Pilar de Benitín. Na segunda fila: Angelina de Villaboa, Suso de Bouza, Lala de Darío, Rosende do Roxo, Benito de Eirredondo e Daniel do Mazo. Na terceira: Benedicto de Nuca, Rosi Rivas, Isabel do Ferreiro, Georgina de Villaboa, Oliva do Ferreiro, ? e Iván do Ferreiro. Na cuarta: Hilario de Xalán, Josefiña de Marcelina, Manolo de Bouza, Marité de Visita, ?, Manolo de Villaboa, Xusto de Villaboa, Emilio do Roxo (o encargado de facer o palleiro), Sé do Pequeno, ? e Constante de Bastián. E na fila de diante: Jorge (fillo de Jesús e Manuela e irmán de Angelito, Aurora, Florentino, José Antonio, Josefa e Horacio) xunto a dous nenos

O Curral (Riotorto), 1963

Etiquetas: Malla

Arquivo: Casa de Rigueiro