Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2009-10-20 19:40:13

Completamos a descrición da foto coa nova información de que dispoñemos

Eloi

2009-11-09 15:29:08

Xa está dispoñible a biografía do fotógrafo Manuel González Rodríguez, "O Queitano". Podedes acceder a ela desde a ligazón que hai á dereita destas liñas, ou ben desde o menú superior, en "máis información"

Máis imaxes

Matanza do porco

Matanza tradicional en Soutelo: Concha do Queitano, Susana (muller de Pepe do Queitano), Pepe do Queitano, Pepe da Neira, Albino do Queitano (foi casado para a casa do Carrancho de Lorigados) e Manuel do Queitano. A foto está feita na casa do Queitano, e Manuel, o fotógrafo, aparece na imaxe, polo que ésta debeu ser feita pola súa filla Mari Nieves. Concha, Susana e Pepe estaban emigrados na Arxentina. Susana, a muller de Pepe, era arxentina de orixe italiana, polo que probablemente era a primeira vez que participaba nunha matanza do porco.

Soutelo (Ferreiravella), 1976

Arquivo: Casa do Carrancho

Fotógrafo: O Queitano