
O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.
Obxectos cedidos por Manuel Villada co gallo da presentación do arquivo fotográfico riotortonotempo. Estas imaxes foron creadas polo fotógrafo Fernando Cerecedo, riotortense afincado na actualidade en Santander
Aldurfe, data descoñecida
Etiquetas: Fotografía
Fotógrafo: Villada