Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Medición dos quintos no 59

Día da medición dos quintos, o terceiro domingo de febreiro. Son un grupo pequeno dos moitos que se mediron ese día. De esquerda a dereita: Tasio de Fontes, Victorio de Rafael, Toño de Rafael de Val, Bureira, Eduardo de Sebes, Ñico de Sta Marta, Luis de Gallo, Rafael do Taramundés e Paquín de Ferreiravella

As Rodrigas, 1959

Etiquetas: Mili

Arquivo: Tasio de Fontes

Fotógrafo: Teodoro