Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

GABRIEL TREITAS LÓPEZ

2011-02-20 23:58:30

QUEN É O NENO QUE APARECE ENTRE ANGELITA DO CORREO E FINITA DO VILEGO ?

Azucena Trabada

2011-02-21 18:13:02

O neno polo que preguntas Gabriel, éunha meniña co pelo moi corto, é Maruxiña de Manolo, irmá de Isabeliña. E agora unha corrección, onde dí Adelina de Eusebio, mellor debería dicir Adelina de Hortensia, pois era mais coñecida por ese nome,

Máis imaxes

Na praia en Foz

Esta imaxe de rapazas de Santa Marta na praia é un reflexo das costumes da época. Entón ninguén tiña coche propio, e para ir a algún sitio así alugábase o coche de Bastián ou o do Louro, que eran os que había. Se o grupo era máis pequeno, entón era a "rubia" de Rodil o que se alugaba. Moitas daquelas rapazas viron o mar por primeira vez ese día. Por outra banda, tampouco se lles daba ás praias o valor que se lles dá agora. Pola contra, tapábase a cara do sol, porque a moda era estar ben branquiños todos e non poñerse morenos. Na fotografía aparecen na fila de detrás, de pé: María de Bañal, Nélida de Eusebio, Esperancita de Bureira, Lucía do Vivo, Esther de Bañal, Azucena de Encarnación e María de Rufina. Na fila do medio, agachadas: Teresa do Monxo, Irene de Bañal, Carmiña de Eusebio, Aurora de Melchor, Tero de Encarnación e Mercedes de Hortensia. Na fila de diante: Isabeliña de Manolo, Anita de Manuel, Martina de Próspero, Angelita do Correo, Maruja de Manolo, Finita de Brígida, Raquel de Encarnación, Adelina de Eusebio, Aurora de Basanta, Victoria de Melchor e Eduvigis do Vivo

Foz, década de 1950

Etiquetas: Praia

Arquivo: Azucena de Encarnación