O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
Ata mediados do século XX, cando se comezou a empregar a maquinaria dun xeito xeneralizado nas tarefas propias da sega, partía de Riotorto tódolos anos xente cara a Castela. Ademais, nas nosas forxas elaborábanse moitas das fouces que eran usadas neste labor. Na imaxe relacionada aparecen Constantino e Joseín do Follego e Isabel do Ferreiro, veciños de Galegos, traballando no campo. Torrecaballeros, Armuña, Rueda, Valseca, Valsequilla e Ausín eran algúns dos destinos máis frecuentados
Castela , década de 1960
Etiquetas: Sega
Arquivo: Consuelo Fernández Couso