
Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
2012-12-26 19:56:32
A nena grande é Ángeles do Pedreiro de Chacín.
2012-12-27 22:01:07
Grazas Carlos. Actualizamos descrición
Na foto aparecen dúas nenas de Chacín a finais dos anos corenta: María Delia Gavín Balseiro (a pequena) acompañada de Ángeles do Pedreiro. Naqueles anos exerceu na escola de nenas de Chacín a mestra Purificación Barreiro, natural de Santiago de Compostela. A nena María Delia, hoxe residente en Bos Aires, desenvolveu unha exitosa carreira profesional como xornalista en diversos medios arxentinos
Chacín, 1948
Etiquetas: Emigración
Arquivo: María Delia Gavín