Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Nenas de Espasande de Baixo

De esquerda a dereita: Eva de Bastián, Pepita do Carrancho, Mercedes de Bastián, Estrella do Caboxo, Guillermina e Azucena de Mazón, Lucila de Viñavella e Aurora e Anita do Carrancho. Todas foron alumnas de Chelo da carnicería.

Espasande de Baixo, década de 1950

Arquivo: Casa de Viñavella