Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2009-11-11 17:02:02

De esquerda a dereita: Daniel de Baltasar, diante del Luciano; Esperanza do Gorgullo ou Margarita de Xuana, xunto a ela Mariví de Luciano; Jorge de Herminio; Berta do Gorgullo, diante dela Margarita de Elías e Herminia do Vaquillo; máis adiante Isabel de Xuana e Loli de David; diante da mestra, Fernando do Vaquillo, diante del Horacio de Luciano; e xunto á parede, Agustín de Candaede; o neno que tén a mestra en brazos é Gabriel, fillo de Carmen da Barragosa. Esta foto foi feita sobre o ano 1970, algúns dos alumnos que aparecen nela remataron os estudos no colexio de Riotorto

Unha espasandina

2009-11-21 10:56:24

as baguas foronme caendo mentres iba adiviñando quen eran os nenos dos meus recordos. O neno que está arrimado a parede e Jorge de Herminio e o neno que está xunto a Berta non será Agustin de Candaede. FELICIDADES.

Máis imaxes

Nenos da escola de Espasande de Riba

A mestra é Mª Teresa Villarino (sobriña do cura don Hernán). Aparecen tamén Jorge de Herminio, Fernando e Herminia do Vaquillo, Isabel de Abelardo, Agustín de Candaede, Berta e Daniel de Baltasar

Espasande de Riba, década de 1970

Arquivo: Abelardo de Xuana