Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

José Luis Ares Aguiar

2022-05-11 19:17:59

En ésta fotografía también aparecen las hermanas de Isaura de Lombardero: Lidia y Rosa.

Máis imaxes

Nenos da escola de Galegos

Os nenos da escola de Galegos coa súa mestra Amadora no San Pedro Fiz. Cada neno aportou unha peseta para dar unha misa na que a mestra se ofrecía para recuperarse dunha enfermidade. Na foto están a mestra Amadora Fraga Bello (tía de Manuel Fraga), Pedro e Isabel do Ferreiro, Genoveva do Alvarego, Toño e Marité de Minguín, Antonio e Josefa de Facheira, Sinesio e Miguel de Castañal, David e Herminia do Follego, Isaura de Lombardero, Luis da Xuca da Veiga, Josefa e Consuelo de Luis, Ramón de Manuel do Follego e José, Florentino e Claudina de Inocencio, entre outros

San Pedro Fiz, Vilarmide (A Pontenova), década de 1960

Etiquetas: San Pedro Fiz

Arquivo: Consuelo Fernández Couso