Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

José Antonio Moirón García ( Pepe de Murias)

2010-11-20 20:12:02

Agradezco que se haya publicado esta foto que figura en mi casa de Madrid en un marco de plata. Recuerdo el nombre de todos los alumnos como si fuese hoy. La niña que figura como desconocida, creo recordar que no era de Villar de Santiago y estaba pasando una temporada. Me parece que su nombre era Edita. Me encantan todas las fotos, os envío algunas más.

Máis imaxes

Nenos da escola do Vilar de Santiago

Curso 1947-1948. Empezando por detrás, na primeira ringleira: Remedios do Garabeño, Cecilia do Roxo, Isabel de Nicanor, Merita do Birisco, Amalia Folgueira, Inés do Seguedín e María do Garabeño. Na segunda ringleira: descoñecida, Matilde do Basilio, Aurora do Xordo, a mestra Josefa de Murias, Celia de Venancio, Josefa de Millán, Erundina de Liberte e Mercedes de Millán. Terceira ringleira: Mercedes Carballeira (de Rivas), Visita de Peras, Josefa Ramallal, Amalia de Ramoncín, María do Roxo, Celia do Castellano, Victoria de Ramoncín, Josefa do Basilio e María da Monxa. Cuarta ringleira: José Manuel do Xordo, Santiago do Castellano, Manolo do Birisco, Albino Carballeira (de Rivas), Pepe de Murias (o fillo da mestra), Diotino do Sepe, Ramallal e Abelardo de Basilio

O Vilar de Santiago, 1948

Arquivo: Elena Carballeira Uz