Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.
2009-10-26 15:41:00
A mestra de Espasande de Riba é doña Consuelo?
2009-10-26 22:22:30
tamen tan os irmans rafael, jorge e carlos da conexa, o lado de remedios esta anselmo.
2009-10-27 21:20:44
A mestra de Espasande de Riba é María Teresa Villarino, sobriña de don Hernán.
2009-10-28 22:04:45
ese día quedamos campións provinciais de voleibol, gañamoslles " de repaso" aos Franciscanos. Produciume unha gran emoción vernos ahí na foto. Ver a Sachas en pantalón curto, "eso é a hostia". Por certo, a mestra é Maite Villarino, confirmado.
2009-10-28 23:01:10
a que esta o meu lado e Herminia do Baquillo de espasande
2009-10-29 17:17:56
Grazas polos vosos comentarios (mira que non recoñecer a miña tía...). Sachas: poderías dicirnos cales son Rafael, Jorge e Carlos, para poder situalos na foto?
2009-12-30 15:08:25
rafaelesta adereita de fernando do cobo carlos esta a dereita de vidal e detras de min. jorge esta entre pepe do correo e jandro veres
2011-06-15 22:34:56
Hola a todos, Señor sachas poderiasme indicar cal e meu pai¿ Moitas gracias.
2011-06-16 23:05:58
Pedro: creo que é o neno co xersei de raias que está mirando á esquerda. Está dona Remedios (á dereita de todo), despois Gabriel de Santa Marta (con gafas), despois un neno con corbata e despois teu pai. Saúdos
2011-09-28 19:18:54
moitas gracias Eloi, eu non conseguia diferencialo. Un saudo.
Antonio Veres Roibás foi mestre da escola de Santa Marta de Meilán antes de que a concentración escolar xuntase a todos os nenos do concello nas Rodrigas. Roibás foi un gran impulsor da práctica deportiva entre os escolares. Na foto aparecen os nenos da parroquia de Santa Marta, supoñemos que nunha viaxe a Lugo co gallo dalgunha competición deportiva. Empezando pola primeira fila: Mari, Loli de David, Herminia do Vaquillo, Esperanza do Gorgullo, María Teresa Villarino (mestra de Espasande de Riba), Pepe do Correo, ?, Alejandro de Roibás, Sebo, Vidal, Sachas, Carlos do Cobo, o Gallego, Venancito, Agustín de Candaede, ?, Fernando do Cobo, ?, Berta do Gorgullo, Daniel, Guxín, Rafael, Toño de Roibás, Cortón, Zameleiro, Jorge de Luciano, Anselmo, Gabriel de Dalmacio, Remedios Méndez (mestra da escola de Vilaseca) e Roibás
Lugo, década de 1970
Etiquetas: Outros deportes
Arquivo: Eva Vilar