Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Jaime Gutierrez Cabo (Fillo de Alicia da panadería)

2011-07-06 16:38:17

O neno que está a esquerda de Jóse do Caldeireiro é fillo de Benito de Eirredondo e o seu nome, creo que é Luis ¡¡Felicicades por esta iniciativa!!. revisaréi o meu arquivo

arrincadeira

2011-07-08 09:14:29

Grazas Jaime. Incluimos a José Luis de Eirredondo na descrición. Encantados de que colabores connosco. Se tes algunha foto de interese podes escanela (ou podemos facelo nós) e enviarnola a dirección info@arrincadeira.eu

Máis imaxes

No xardín da Igrexa

Grupo de nenos o día da festividade do Corpus de 1970. De esquerda a dereita: José Luis de Eirredondo, Jose do Caldeireiro, Cándido de Loride, César de Gloria de Darío, Agustín do Maestro e Toño do Rego

As Rodrigas, 1970

Etiquetas: Comunións, Cruz dos Caídos

Arquivo: Gloria de Darío