Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
Neno da familia do Arrieiro de Espasande de Riba, emigrada á Arxentina, nunha praia de Mar del Plata, na noiteboa de 1927. A foto foi revelada nos estudios Marotta de dita poboación
Mar del Plata (Arxentina), 1927
Etiquetas: Emigración, Praia
Arquivo: O Arrieiro