Riotorto no tempo

Cerimonias

Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2011-07-26 15:58:57

Se vos fixades, o número de teléfono que hai na porta só tiña dúas cifras. Segundo me contaron, naquela época as chamadas ían a unha centraliña que estaba na casa de Carrao

Mar

2013-02-27 14:05:55

Eu lembro que de pequena na casa dos meus tíos, a Casa Borrajo tiña un teléfono de fichas e xente de fora entraba para facer chamadas.Compraban a ficha e chamaban.Como cambiou todo...Puff!!

Máis imaxes

O camión do Ferreiro na bendición (II)

Leonardo do Ferreiro traballou no transporte de mercadorías, cando aínda non existía a figura do viaxante, para achegar produtos ós nosos comercios. Facía a viaxe a Lugo todos os martes, levando e traendo o xénero para a Casa de Visita, a Carnicería e demais comercios ou persoas que llo demandaban. Na imaxe aparece pasando o camión na bendición dunha das primeiras celebracións do San Cristovo, festa da que foi un dos promotores

As Rodrigas, 1963

Etiquetas: Camións, San Cristovo, Bendición

Arquivo: Iván do Ferreiro