Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

O carro

O carro foi sen dúbida un dos aparellos que mellor testemuña a Galiza social, colectiva e etnográfica. Ó seu redor xirou durante longo tempo gran parte do traballo da xente de Riotorto. Na imaxe aparecen Pepe de Loride, o Cueiro e Inocencio de Cachán, co seu can Chipo, a carón da casa dos Rancaño. O carro foi construído polo propio Inocencio. Tamén se pode ver a parte inferior do desaparecido reloxo de sol que engalanaba a fachada da casa

Cachán (Riotorto), década de 1940

Arquivo: Inocencio de Cachán

Fotógrafo: Teodoro