A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
Marica do Crego de Ferreiravella, cos seus fillos Josefa (e o seu marido), Dominica, José María, José, Paco, César e Alicia (a máis nova). Tamén está un matrimonio amigo da familia. A foto foi feita o 7 de xaneiro, día no que se celebran as festas patronais de Ferreiravella, na honra a San Xillao. É de principios dos anos vinte, concretamente entre 1920 e 1922
Ferreiravella, década de 1920
Arquivo: Francisco Rivas Chavarría