Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

O escaparate da casa de Muíña

A tenda de Maruja de Muíña era un lugar de paso obrigado para os nenos de Riotorto. Agardar a chegada do último número do TBO, un novo Jabato, Capitán Trueno ou Mortadelo era a maior ilusión do día. Á parte de libraría, a tenda de Maruja tivo estanco. Na foto aparecen, co escaparate de fondo, Juan José da Panadería, Guillermo de Muíña e a súa mestra, o día da primeira comunión

As Rodrigas, década de 1950

Etiquetas: Comunións

Arquivo: Alicia do Frasio