Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2009-12-21 15:54:16

O neno do xersei de raias é Manolo de Viñavella. O que está en primeiro plano, á dereita de todo, penso que é Xusto do Baralleiro. Detrás de Manolo, á dereita, está Maruja, irmá de Xusto. A nena que está con velo branco penso que pode ser Anita do Lourín

Eloi

2010-03-31 13:32:24

Máis datos sobre esta foto: o neno que está en primeiro plano, á dereita de todo, é Xusto da Baralleira; o que está á esquerda del é un dos de Barcia (non sabemos cal); despois, seguindo cara á esquerda, están Manolo de Viñavella, Pepe do Rodeiro, Mercedes do Carracedo e Pepe de Catalina; detrás deste, Anita do Lourín; volvendo para a dereita, Maruja da Baralleira; máis á dereita, Clotilde de Nuca, e detrás dela, a señora Dolores do Fidalgo; por último, o que está diante do coche é Fonso do Milleiro. O lugar da foto tamén está mal; é no campo da Ermida; o edificio que se ve parcialmente á esquerda da foto, detrás do coche, aínda se conserva hoxe en día, foi construído polos mineiros de Espasande de Baixo para gardar as súas ferramentas de traballo. Actualmente é de propiedade particular, e úsase nas festas para gardar os foguetes. Esta información é de Pepe do Queitano e de Dolores do Fidalgo

Máis imaxes

O Maestro de Espasande de Baixo

Manuel Franco Leivas foi mestre en Espasande de Baixo durante moitos anos. Impartía as aulas na súa casa, aínda hoxe coñecida como "Casa do Maestro". Na fotografía aparece levando un paraugas a carón do seu cuñado Xusto Trashorras (notario chanceler da Rota e coengo da catedral de Mondoñedo)

A Ermida (Espasande de Baixo), década de 1950

Arquivo: Casa de Viñavella