Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
O mazo de Bastián Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

O mazo de Bastián

Actualmente consérvanse dous mazos no concello de Riotorto: o de Bastián en Espasande de Baixo e o da Fraga en Ferreiravella. Outro mazo foi o do Mazo de Ferreiravella, chamado mazo de Abaixo ou de Chavarría, que foi desfeito na década dos oitenta e transformado en cabana. Estes mazos, xunto con moas, muíños, centrais, etc... constitúen o centro ferreiro máis importante do Norte da Península, sumando un total de 46 artiluxios situados no curso do río de Ferreiravella, entre a parroquia deste nome e a de Espasande de Baixo. No mazo de Bastián traballaron os seguintes ferreiros: José Rivas Díaz (Lorigados), José Crecente Iravedra (A Ermida), José Expósito Jardón (A Ermida), Rosendo Alonso Rivas (A Ermida), José Cabo Villar (A Ermida), Pedro Fernández Iglesias (Espasande de Baixo), Eduardo Villada Echevarría (Carboeiro), Manuel Mazón Fernández (Lorigados), Manuel Carballeira Pacio (Lorigados), Federico González Iglesias (Espasande de Baixo), Manuel González Iglesias (Espasande de Baixo), José Jardón Villada (A Ermida) e Jesús González Fernández (Espasande de Baixo).

O Pedregal (Espasande de Baixo), data descoñecida

Etiquetas: Ferreiros

Arquivo: Hixinio Flores Rivas