
Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
No catastro do Marqués da Ensenada (1752) aparecen citados dous mazos nas parroquias que hoxe forman o concello de Riotorto: un en Ferreiravella (é o Mazo de Chavarría) e outro na parroquia de Riotorto, no lugar de Pumar Sindín. Actualmente non podemos identificar este topónimo, pero debía estar nas proximidades
do actual lugar do Mazo, preto das Rodrigas.
Este mazo pasou por varias mans, aínda que no catastro aparece como
propiedade de don Pedro Trelles, veciño de Santa Marta de Meilán, e nel
traballaban tres ferreiros: Carlos Gasalla, Rosendo García Ramallal
o Vello e Rosendo García Ramallal o Mozo
A fotografía, feita por Teodoro de Chacín, amósanos o lugar do Mazo nos anos cincuenta do século XX.
O Mazo (Riotorto), década de 1950
Etiquetas: Ferreiros
Arquivo: Casa de Teodoro de Chacín
Fotógrafo: Teodoro