Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Rosy Rivas

2011-02-01 02:14:13

La de la chaqueta negra es Digna de Ferreria

arrincadeira

2011-02-02 09:53:55

Xa o cambiamos na descripción,. Sabes quen é o que está entre o Mañego e Borrajo? Saúdos

Laura

2011-02-02 21:10:59

O que está entre o Mañego e Borrajo é Cheno o fillo do Mañego

arrincadeira

2011-02-03 09:22:37

Grazas Laura. Pasamos a actualizar a descripción

Emma

2011-05-20 19:32:27

Agradezo esta toma pois na casa non sabíamos dela. Fermosa.

Alberto

2017-10-27 00:35:14

Rosa do Mañego foi a miña segunda nai, posto que viviu cos meos pais varios anos, ata que se foi para xunto do fillo Cheno a Valencia donde morreo, sempre lle quixemos moito, D.E.P

Máis imaxes

Os do Mañego na herba seca

O Mañego e a súa dona Rosa viviron no casarío de Moirón no Mazo de Riotorto (onde hoxe está a Casa do Louro) ata que a finais dos anos sesenta foron para Mundín (onde hoxe vive Alberto). Na foto aparecen na herba seca, acompañados polo seu fillo Cheno, Digna de Ferrería (con chaqueta negra) e Daniel de Borrajo (apoiado na forquita)

A Veiga (Riotorto), década de 1960

Arquivo: Casa de Visita