Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

maria rivas

2010-12-19 23:56:56

No muiño había tres pedras,a do millo, a do trigo (que era francesa) e a do centeo

arrincadeira

2010-12-20 14:38:41

Grazas María. Xa tiñamos oido que podian ser 3 pero non o tiñamos confirmado. Actualizamos a descrpción cos teus datos

Máis imaxes

Os muiños de Cornide

O último muiño en deixar de funcionar na parroquia de Riotorto foi o de Cornide, propiedade de María de Xacobe e máis de Jesús de Bastián. No muiño había tres pedras: a do millo, a do trigo (que era francesa) e a do centeo. Na fotografía, feita no mes da sega de 1947, tamén aparecen o serradoiro de Wenceslao e máis o garaxe de Carrao

O Tombo e Cornide (Riotorto), 1947

Arquivo: Casa de Teodoro de Chacín