
A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
A imaxe corresponde a unha representación feita polos nenos o día de reis na igrexa vella de Santa Marta. Detrás, de pé, aparecen Aurorina da Mestra e María de Rufina, que exercían de preparadoras da función. Na seguinte fila, de pé, e de esquerda a dereita: Camilo de Eusebio, Dominguín da Mestra, Pepín da Mestra, Finita de Brígida, Xusta de Armando, Alida de Sachas, Otilia do Carabinero, Toñito do Vello, Constantino de Brígida, Luisín do Cura e Toño de Hortensia que eran os paxes e mailos pastores. Agachadas, diante: Hortensia de Armando, Sira de Sachas, Carmiña de Eusebio como Baltasar, Azucena de Encarnación como Melchor, Adelina de Hortensia como Gaspar, e a nena das coletas é Mari Gloria da Veigalonga
Santa Marta de Meilán, década de 1940
Etiquetas: Nadal
Arquivo: Azucena de Encarnación
Fotógrafo: Teodoro