Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
Os monumentos funerarios representan unha das pegadas arquitectónicas máis importantes que deixaron en Cuba os emigrantes galegos. En 1868 construiuse o cemiterio de San Antonio el Chiquito, que posteriormente foi ampliado e se transformou na necrópole de Colón.
As comunidades de inmigrantes de diferentes procedencias erixiron nel os seus panteóns. O panteón foi a tipoloxía arquitectónica que predominou nos monumentos erixidos polas sociedades de emigrados. A sociedade Emigrados de Riotorto empezou a ofrecer este servizo ós seus asociados a principios do século XX.
Por norma xeral, os socios de número e os de novo ingreso, despois dun ano continuo de permanencia como asociado, tiñan dereito a ser enterrados no panteón social. Ademais, incluíanse as viúvas e fillos menores de dezaoito anos dos asociados de número, mentres conservaran ese estado e abonaran a cota mensual superior, que variaba segundo a época. En casos excepcionais e por autorización do presidente da sociedade, podíase conceder o uso deste espazo a inmigrantes doutra procedencia
Cemiterio Colón (A Habana), 1928
Etiquetas: Emigración
Arquivo: Arquivo da Emigración Galega