A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
2015-01-09 14:14:05
Fala en primeira persoa meu tío José Mario Cabo Jardón, máis coñecido en Riotorto como Pepe do Lourín.
2015-01-15 12:40:53
Vale, Correximos descrición
Sobre esta fotografía correspondente a un partido contra o Meira nas festas do San Cristobo, cóntanos Pepe do Lourín: "Nesa época ó mellor nos deixaban o campo gratis e senón había que pagar algo. O resto facíamolo entre nós: segalo, marcalo, porterías feitas cortando catro pinos e a roupa ou a lavabamos nós ou pagábamos a alguén."
Na foto aparecen de pé Pepe de García, Venancio do Garabeño, Cándido de Outeiro, Pepe de Lourín, Paco de Farruquín e Toñito de Outeiro. Agachados: Xusto do Cachapelo, Albino de Aldurfe, Juan Manuel do Zapateiro, Toño do Gas e Daniel de Espasande de Riba.
Riotorto, 1973
Etiquetas: Fútbol
Arquivo: Baldo Cortón