Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Pícnic no Club Riotorto

Membros de Riotorto Asociación Mutual, entidade que representaba aos emigrantes do noso concello na Arxentina, nunha comida na sede social, o Club Riotorto, na localidade de Vicente López, provincia de Bos Aires. Nesta foto aparecen, entre outros: Manuel María Lago Granda (da casa do Baralleiro, de Espasande de Baixo), co seu fillo en brazos; Julio Gavín Lombardero (da casa do Trigo de Chacín); Gerardo Lourido Lorigados (de Vilaseca); Segismundo Trabada (de Rececende); a súa muller Antonia González Rodríguez (da casa do Queitano de Ferreiravella); e Gabriel Treitas Fiallega (de Santa Marta de Meilán)

Vicente López (Arxentina), década de 1960

Etiquetas: Emigración

Arquivo: María Delia Gavín