A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
Durante a década dos oitenta chegou a Riotorto o fútbol sala, tamén coñecido daquela como "futbito". Un acontecemento durante os veráns era, sen dúbida, o maratón que se celebraba na pista do colexio. Un equipo pioneiro neste deporte en Riotorto foi o patrocinado polo bar Al Volante, equipo logo tamén coñecido como Nós. Na fotografía aparecen posando antes dun partido no torneo de Taramundi. De pé: Juan José, Pepín, Fede e o Lourín. Agachados : Pepe do Lelo, Daniel, Titó e o Gas. Outro patrocinador deste equipo foi Recreativos Fiallega, como se pode comprobar na imaxe relacionada
Taramundi, 1986
Etiquetas: Outros deportes
Arquivo: Federico Gutiérrez