
Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
A principios de século era costume entre os emigrantes a América o envío de postais feitas a partir dunha fotografía súa de estudo. Nesta postal de 1912 aparece Encarnación Rico nunha foto sacada no estudio Mateo Picciardi de Bos Aires. A postal foi enviada á familia de Cariños de Riotorto, como podemos ver no seu reverso. Naqueles tempos era a única maneira de ter, ou que tiveran, unha imaxe recente dos familiares e amigos emigrados
Bos Aires (Arxentina), 1912
Etiquetas: Emigración, Postal
Arquivo: Ofelia de Cariños