
Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.
2009-09-11 10:54:59
E os sacristans, o grande parece Félix pero o pequeno que é?. Que guapos todos que simpáticos!!!
2009-09-17 23:57:31
O outro parecenos que pode ser Carlos de Loride (do Mazo)
2009-09-22 18:44:01
Confirmoume Luis de Murias que efectivamente é Carlos de Loride
No ano 1980 recibiron de mans do párroco Vicente Rodríguez Fernández a súa primeria comunión: Miguel da Pértega, José Luis de Murias, Suso de Nuca, Toño do Xatón, Mari do Garrido, Aurora do Bagolo (fila da esquerda); e Isabel de Calaza, Paco do Veterinario, Sandra de Rodil, Xavier do Xatón, Carlos Pereira e Pedro do Xeno (fila da dereita). Os sacristáns son Félix de Cuque (o da esquerda) e Carlos de Loride, do Mazo (o da dereita)
Igrexa de Riotorto (As Rodrigas), 1980
Arquivo: Casa do Veterinario