Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.
Procesión na Praza das Rodrigas co gallo do Día das Flores. Aurora de Moirón leva o estandarte, e Tasio de Fontes e Cayo de Toxal, a imaxe da Inmaculada. Entre os pícaros aparecen José de Fontes, Paco de Salvador, Juan Manuel do Zapateiro, Dado do Pinto, Nieto, Manolo da Severina, Luis de Toxal, Manolo do Pinto e Ramón de Rodil
As Rodrigas, 1955
Etiquetas: Cruz dos Caídos
Arquivo: Tasio de Fontes