
Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.
2009-09-18 10:45:44
O de diante de todo de camisa blanca e chaqueta é meu avó Alejandro e o cura que vai diante parece Don Hernán
2009-09-22 18:48:55
O que está detrás de Alejandro non é don Manuel (o pai de Adelaida)?
Unha das primeiras procesións do San Cristovo. Portando a imaxe aparecen Modesto de García e Francisco de Paco, dous profesionais do automóbil que apoiaron a celebración desta festa desde as súas orixes. Tamén aparecen na foto Alejandro do Carrolo (á esquerda, con camisa branca) e don Hernán, o cura
As Rodrigas, 1965
Etiquetas: San Cristovo, Procesión, Cura
Arquivo: Casa de Rodil