Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Ramillete de mociñas

Pilariña de Pizca, Mariluz de Rigueiro, Marisefa de Bastián, Pilar de Moirón, Beatriz de Hilario e Encarnación. Por detrás: Ameliña de Cachán, Gloria de Darío, Aurora de Moirón e Ézel do Rego son as flores deste fermoso ramillete fotografado por Teodoro de Chacín arredor do ano 1950

Riotorto, década de 1950

Arquivo: Xusto Moirón

Fotógrafo: Teodoro