
O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.
Recordatorio da santa misión organizada polos xesuitas a primeiros de maio de 1949 na parroquia de San Pedro de Riotorto. Nas imaxes relacionadas aparecen dúas das capas empregadas nos recordatorios
San Pedro (Riotorto), 1949
Etiquetas: Misión
Arquivo: Chelo da Carnicería