Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

María José González Rivas

2011-06-05 11:36:55

Este retrato corresponde ó meu bisabuelo, pai da miña avoa María Cecilia Rivas. Non era veciño de Soutelo senón de Lorigados. Nacera nunha aldea chamada Escanlar de Villameá (Pontenova). Miña nai dime que o lugar da foto non é descoñecido porque foi sacada nun estudio de Foz co motivo de que enviarlla á súa muller Josefa Fernández (miña bisaboa) que por aqueles anos era emigrante en Cuba.

María José González Rivas

2011-06-05 12:01:19

Nesta foto tiña unhos trinta anos. Miña aboa sempre nos contaba que, sendo ela muy pequena con súa mai en Cuba, seu pai, sufrira por un tempo, unha enfermedade reumatolóxica e pasaba tempo nun balneario de Foz mentras ela era atendida por unha aboa e unha tía. Nunha desas estancias en Foz, Herminio Rivas, fixo esta foto para enviarlla á miña bisaboa...

arrincadeira

2011-06-05 20:12:53

Grazas María José. Unha vez máis detrás dunha fotografía escóndese toda unha historia. Pasamos a correxir/ampliar a descrición

Máis imaxes

Retrato de Herminio Rivas

Un dos motivos polos que se contrataba un fotógrafo de estudio era para a realización de fotomontaxes, moitas veces co fin de envialas a familiares na emigración. O 2 de agosto de 1925 Herminio Rivas Fernández, veciño de Lorigados e avó materno dos do Carrancho, fixo este retrato nun estudio fotográfico de Foz para mandarllo a súa dona, residente naqueles anos na illa de Cuba

Foz, 1925

Arquivo: Casa do Carrancho