Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Emma Aenlle González

2009-08-31 22:01:16

Esta toma é unha sorte de reliquia para min, entre outras cousas polo feito de non ter coñecido a meu avó... Dalgún xeito desmitifica esa imaxe de certa rudeza que segundo comentan tiña Leonardo... no íntimo, era home entregado ós seus. Boa iniciativa por en marcha este proxecto. Noraboa.

arrincadeira

2009-09-02 01:36:26

Grazas Emma. Agardamos a tua colaboración.

Máis imaxes

Retrato no Curral

Florentina e Leonardo do Ferreiro cos seus netos Carlos e Iván. Ó fondo aparece José Antonio levando dúas vacas. José Antonio era fillo de Manuela de Cachán e de Jesús, que exercía de zoqueiro na súa casa do Curral

O Curral (Riotorto), década de 1960

Arquivo: Carlos Varela Aenlle