
O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
2010-09-02 13:42:43
O que aparece en primeiro plano, á dereita, semella Manuel Pol. O quinto, tamén de pe, Villada. E o sexto, Gabriel de Barral. A reunión non deu froito, pero permite entender a importancia duns ferreiros que lograron ter a unha industria como Bellota agarrada polas cirolas.
2010-09-10 11:42:49
O home sentado na cabeceira da mesa, ó fondo da foto é José María do Queitano de Soutelo.
Na escola de nenas de Espasande de Baixo celebrouse unha reunión dos ferreiros con representantes da empresa Bellota, para tentar de chegar a algún acordo comercial
A Ermida (Espasande de Baixo), 1971
Etiquetas: Ferreiros
Arquivo: Casa de Viñavella
Fotógrafo: Lombardero