A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
Nos anos setenta a sala de festas "El Recreo", na veciña localidade de Lourenzá, era lugar habitual de lecer para a xuventude de Riotorto. Na foto aparecen Suso da Ferraría, Pepín de Carboeiro, Pepe de Elías, José Luis de Durán e Fernando Villapol "tomándolle unhas"
Vilanova de Lourenzá, década de 1970
Arquivo: Ángeles Rubal