Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Goretti

2010-10-16 17:23:05

Eu vexo a miña avóa Lula do Teixeiro que está como agachándose e a nena debe de ser miña nai

Máis imaxes

Salto de altura

Co gallo da celebración das festas do San Pedro, os rameiros organizaron competicións deportivas para animar a xornada. Na imaxe aparece Adolfo da Serradora en pleno intento de salto de altura, con Inocencio de Cachán exercendo de xuíz. De fondo a casa de Cariños e máis a de Taberna Nova

As Rodrigas, 1947

Etiquetas: Festa do San Pedro, Outros deportes, Taberna

Arquivo: Inocencio de Cachán

Fotógrafo: Teodoro