O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
2009-10-20 17:35:21
Penso que o que segue a Inocente é meu pai, José Mª Moirón; séguelle Toño de Murias e descoñezo o seguinte
2009-10-21 21:10:50
Grazas Xusto. Procedemos a incorporar ese dato a descripción
Catro segadores en plena faena na Valboa (preto das Veigas). En primeiro plano Inocente da panadería (alcalde de Riotorto nos anos oitenta), ó seu carón Jose María Moirón e Toño de Murias
A Valboa (Riotorto), década de 1940
Etiquetas: Sega
Arquivo: Isolina do Frasio