
O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
2019-05-22 02:39:37
Hola familia
2019-05-22 02:41:15
Hola familia
2019-05-22 02:47:58
Hola soy bisnieto de Justo Cabo Lopez propietario de la panaderia El Buen gusto de La Habana Cuba,sobrino de silvia cabo leon visitaron mi casa tus padres hace mas de 20 años estoy emocionado de encontrarlos respondan por favor besos a la prima alicia dios los bendiga
Inocente Gutiérrez Moirón (alcalde de Riotorto entre 1982 e 1987), logo de rexentar unha leitería onde hoxe está o Bar Rivas, unha funeraria e máis unha taberna, acabou por abrir unha das primeiras panaderías da comarca, a finais dos anos corenta: "La Moderna". Na imaxe aparece xunto a algún dos traballadores da panadería, nun día de praia en Barreiros: Jesús de Loride, o Serrano, a súa dona Alicia do Frasio, Pepe do Portugués, María de Jacobo e a súa irmá Conchita, Pilar de Benitín, Pepe da Carnicería -irmán de Inocente- e Horacio do Rego. Nas imaxes relacionadas aparecen, ademais, o seu fillo Juan José e Atilano do Chino, así como o autobús de Rosende de Rodil, no que viaxaron aquel día á praia
San Cosme de Barreiros, 1966
Arquivo: Alicia do Frasio